Carretera Mera VeigueOs socialistas de Oleiros saúdan a posta en marcha dunha obra moi necesaria e que contribúe a garantir a seguridade dos veciños da zona

A plataforma da estrada Mera-Veigue ampliarase ata os sete metros de ancho e contará con beiravías e unha nova senda para que os peóns circulen con seguridade

A Deputación da Coruña asinou hoxe o contrato para o inicio das obras de ampliación e mellora da seguridade na estrada provincial DP 5815 de Mera a Veigue, no termo municipal de Oleiros. Esta é unha obra moi demandada pola veciñanza e necesaria, xa que a plataforma actual é demasiado estreita para o volume de tráfico que rexistra o vial que sirve de conexión entre Mera e a Vía Ártabra.

Estes traballos da estrada Mera-Veigue foron axudicados á empresa Nexia Infraestruturas por 490.510,41 euros, un importe ao que hai que sumar os 44.180 € destinados ás expropiacións dos terreos necesarios para acometer o proxecto.

Os socialistas de Oleiros saúdan a posta en marcha desta obra por parte da Deputación de A Coruña porque vai permitir garantir a seguridade dos numerosos veciños que circulan a pé por esta estrada . Non podemos esquecer as continuas críticas dos socialistas ao goberno local pola falta de acción en canto a solucións ao grave problema de seguridade vial no Concello de Oleiros; novamente, a Diputación Provincial, rexida polos socialistas, teñen que vir a darlle solucións á inacción de Alternativa dos Veciños.

As obras contemplan a ampliación da plataforma do vial ata os sete metros de ancho no tramo de preto de dous quilómetros que vai dende o PK 0+400 ao 2+200, a dotación de beiravías de 0,5 metros en ambas marxes e a construción dunha senda peonil de 2 metros de ancho que discorrerá pola marxe esquerda da calzada e contribuirá a mellorar a seguridade dos peóns na zona.

A senda irá separada da estrada mediante unha marca vial sonora e un cebreado que sirva de barreira visual para os conductores. Baixo a mesma proxéctase a colocación de novas canalizacións de alumeado público pois será necesario, nalgúns casos, desprazar algunhas luminarias afectadas pola construción deste novo itinerario peonil.