RUEDAPRENSAPXOM

Os socialistas propoñemos introducir no Plan Xeral máis vivenda protexida, mellor rede viaria, menos dispersión da poboación, máis solo industrial e máis solo para equipamentos, especialmente para deporte e educación.
 

De recollerse as propostas SOCIALISTAS, apoiariamos o PXOM xa, polo tanto a súa aprobación tan so require unha actitude dialogante do Goberno Municipal.

A capacidade de diálogo e a situación honesta, transparente e sensata do Grupo Municipal Socialista, xa quedou demostrada nesta lexislatura por parte dos Socialistas dende o pleno de envestidura.

Temos a capacidade de renuncia para antepoñer o beneficio de Oleiros e o interese público por encima do interese de partido e das vanidades persoais, pero advertimos que temos tamén firmeza para esixir a mellora do Plan.

Todas as nosas propostas están construídas, lonxe da confrontación e tan só, pensadas en beneficio do interese público.

 

Oleiros debe aprobar un Plan que cumpla a legalidade e que recolla as propostas da maioría da corporación de maneira transparente.

O Pleno de Oleiros debe proceder a unha nova aprobación provisional e remitir o Plan á Consellería de Política Territorial para que a Consellería Caride proceda á sua aprobación.

Para elo, o Plan ten que cumprir dous requisitos:

-     Legalidade

-     Ten que recoller a sensibilidade da nova maioria de Oleiros.

Para cumprir a legalidade debe adaptarse a Orde de 14 de marzo de 2007 de CPTOPT, correxindo os erros detectados, ou ben explicando, motivando e xustificando o mantemento das propostas formuladas.

Para adaptarse á sensibilidade da nova maioría e para contar co voto favorable do PSdeG-PSOE debe recoller as propostas formuladas nas xuntanzas da Comisión de Seguimento e en diversas reunións co Goberno Municipal e coa empresa redactora do Plan “Oficina de Planeamento S.A.”

Ningunha das propostas formuladas polo PSdeG-PSOE require nova información pública, xa que non se trata de modificacións sustanciais ”xa que se manteñen os criterios respecto da clasificación e cualificación do solo e da estructura xeral e orgánica do territorio”

Cohesión social. Un freo á especulación

O Plan debe reservar terreos suficientes para localizar, cando menos, o 40 % da nova edificabilidade residencial que xenere o planeamento, entendendo por esta a que resulte do solo urbano non consolidado e do solo urbanizable.

Deste xeito, o PXOM acomodaríase á Lei estatal 8/2007 de 28 de maio, que establece a reserva no 30% e que é de aplicación directa na xestión urbanística a partir de 1 de xullo de 2008.

Deste xeito ademais, o Plan resultaría previsor ó adaptarse o 40 % de reserva prevista na lexislación autonómica. O “Proxecto de lei de medidas urxentes en materia de vivenda e solo” aprobado polo Consello da Xunta o 14/02/2008, que neste momento tramita o Parlamento de Galicia, regula a reserva do 40% citado.

Coa reserva do 40% para VPP poñemos freo á especulación urbanística, e facilitaremos o acceso á vivenda ós mozos e mozas e a familias de traballadores.

VPP = Vivenda de Prezo Razoable. Un traballador tería hipoteca 20 ou 30 anos para pagala, pero podería ter vivenda. A compra xente que traballa honestamente.

Oleiros debe ser un Concello que cree entornos de elevada calidade, que atraiga a familias de elevado poder adquisitivo pero que tamén acolla a familias traballadoras que queiran disfrutar dun entorno de calidade que queremos construír.

Mellora da Rede Viaria

Os socialistas apostamos pola Ponte entre Oleiros e A Coruña e consideramos un erro o plantexamento de Alternativa dos Veciños dunha nova ponte entre o Graxal e Fonteculler, xa que a maioría dos oleirenses temos a necesidade de comunicación coa cidade da Coruña, tanto por cuestións laborais, comerciais ou de ocio.

Esta Ponte, desexamos non será obstáculo para a aprobación do PXOM, xa que por ser unha infraestructura supramunicipal será a Xunta quen adopte a decisión que corresponda no “Plan de Estradas de Galicia”.

Os socialistas consideramos necesarias as circunvalacións a Lorbé, Mera, Arillo, Santa Cruz, Montrove e Oleiros.

Consideramos que debe correxirse o trazado da Circunvalación de Santa Cruz para alonxala do Pabellón Arsenio Iglesias e da zona urbana, pola fluidez do tráfico e pola seguridade das persoas, especialmente os nenos.

Mera non pode quedar sen circunvalación, tal como plantexa o Goberno Municipal. Debe contar cunha estrada de circunvalación polo menos entre a Carretera de Maianca, a Carretera de Besta e a Igrexa de Serantes.

Os socialistas temos a garantía de que van ser construidas e financiadas ó 100% pola CPTOPT, tanto o novo acceso o Porto de Lorbé como a Circunvalación a Oleiros. Nesta lexislatura, a CPTOPT, vai realizar a maior inversión da historia de Oleiros coa Vía Ártabra.

Mera debe contar ademáis cun aparcamento disuasorio que recolla o tráfico, masivo en temporada estival, que procedente da Vía Artabra baixará polo Carretera da Besta (Mera-Veigue). Un entorno de tranquilidade … para Mera.

Máis solo industrial e emprego

Plantexamos incrementar o solo industrial proposto en Iñas, no entorno da Vía Artabra, na Barcala e unha pequena bolsa na zona Norte para potenciar o emprego.

Apostamos ademáis polo Turismo de Calidade, polo que apoiamos o Campo de Golf con reaxustes na súa delimitación,  e plantexamos ademais a construcción dos Portos Deportivos de Mera e Lorbé, de acordo co Plan de Portos Deportivos da Xunta de Galicia.

Así mesmo esiximos o mantemento do uso hoteleiro obrigatorio para o Hotel Maxi, facilitando a súa reconstrucción a 20 m do mar para xerar un espacio público amplio no Paseo Marítimo.

Propoñemos ademais calificar solo para uso hoteleiro en Mera.

Máis solo para uso Deportivo e Educativo

Apoiamos o solo deportivo de Subiña para o novo Campo do Mera C.F. e un novo Campo en Dorneda con cargo á Urbanización do Campo de golf.

Plantexamos que o Plan recolla novas instalacións deportivas en Bastiagueiro e no centro de Santa Cruz coa utilización pública do Campo do Cura.

Propoñemos solo para un novo centro de Educación Infantil e Primaria na parroquia de Nós.

Plantexamos unha resposta xusta ás alegacións dos Veciños

Revisamos as máis de 1000 alegacións presentadas polos veciños na fase de exposición pública e propoñemos estudiar a aceptación daquelas que consideramos conformes coa lexislación vixente. Todas a maiores das aceptadas na pasada aprobación provisional.

En resume, Nova Aprobación Provisional , Nova Maioría, e unha Oportunidade para o diálogo

Apostamos pois por un Oleiros de alta calidade urbanística, de servizos públicos de calidade, educativos, deportivos, de saúde e de servizos sociais.

Apostamos por equipamentos deportivos, educativos e sanitarios.

Pola cohesión social, a través da VPP (vivenda de prezo razoable), por mellorar a rede viaria e as comunicacións e transporte público, polo emprego a través do solo industrial e do turismo de calidade do Campo de Golf e dos Portos Deportivos.

Apostamos polo diálogo, a pesar da actitude autoritaria do alcalde.

Se resultan aceptadas as nosas propostas, Plan aprobado.

Non valen disculpas, nin circos no Pleno, un asunto como o PXOM require para a súa aprobación un documento dilixenciado e foliado coas propostas recollidas.

Tan solo a intolerancia dun alcalde que manifestou “yo soy el único imprescindible” pode perxudicar a aprobación do PXOM. Como socialista e como muller reprobo a actitude machista do Pleno pasado do Alcalde que jalea “ole tus huevos”. Oleiros necesita que “vuelva el Alcalde y se vaya la bestia”.

Ata a data todo foron disculpas, o Goberno Municipal nin recolleu o 40 % de VPP que anunció públicamente.

Ata o momento o Goberno Municipal buscou problemas e non solucións.

Oleiros necesita solucións e o momento económico fai aínda máis conveniente a aprobación do Plan.

Formulamos propostas en positivo, actuando con responsabilidade. Tan so falta que o Alcalde abandone a prepotencia e se tome a aprobación do Plan en serio, que abandone a estratexia da presión e se poña a asumir a estratexia da negociación.

Learn More