diego sanidadVilloslada apunta que no centro só hai un auxiliar de enfermería para atender a 44 grandes dependentes no turno de noite

 Oleiros, 15 de marzo de 17. O deputado coruñés Juan Díaz Villoslada e a portavoz de política social no grupo socialista, Noela Blanco, reuníronse esta mañá na Coruña co comité de empresa de política social na provincia e posteriormente, xunto co edil oleirense Diego Chazarreta, visitaron as instalacións da residencia pública da terceira idade de Oleiros. Villoslada lamentou a situación “calamitosa” dos centros dependentes da área de política social da Xunta, que se extende tamén a este centro, onde por exemplo “só hai un auxiliar de enfermería para atender a 44 grandes dependentes no turno de noite”, explicou.

“É un centro de referencia con moitas deficiencias na calidade asistencial “, lamentou o socialista, que reclamou “poñerlle coto a esta situación e recuperar a calidade do servizo público tendo en conta tamén o envellecemento da poboación”. Villoslada lembrou que no vindeiro pleno do Parlamento os socialistas farán un monográfico de uiniciativas sobre a precariedade no emprego, que “nos centros de política social é altísima”, e apuntou que “case un 95%” dos traballadores son mulleres. “A excesiva rotación de contratos e a suspensión do convenio colectivo en moitos aspectos por parte da Xunta levaron a unha minoración da calidade asistencial que temos que recuperar”, afirmou.

Saúdos,

Comunicación PSdeG-PSOE

Learn More