LogoLoveNa xornada do domingo, na que se votaba para as Eleccións Xerais, as e os oleirenses deron un contundente e claro apoio ao Partido Socialista, en consonancia co que ocorreu no resto da Comarca, da Provincia de A Coruña, de Galicia e do conxunto do España.
 
En Oleiros non só subimos en número de votos respecto ás derradeiras Xerais, senon que superamos os mellores rexistros acadados nunhas eleccións e logramos gañar na práctica totalidade das mesas electorais do Concello, incluso gañando onde nunca se gañou.
 
Os e as oleirenses foron receptivos ás mensaxes do PSOE e votaron coa responsabilidade de seguir dando respaldo a un Goberno implicado socialmente, dialogante e serio.  O PSdeG-PSOE de Oleiros agradece profundamente este respaldo.
 
Moitísimas grazas!
 
Pero este respaldo non sería posible sen o traballo e o esforzo calado e constante dos afiliados e afiliadas socialistas de Oleiros. Ese labor de convencer e mobilizar o voto persoa a persoa, de asistencia aos actos convocados, de repartir propaganda polas rúas, de militancia abnegada, ten permitido uns resultados tan bos como os que de hoxe  sentímonos orgullosos. Este triunfo é o voso triunfo. 
 
Moitas grazas!
 
Pero esta é a primeira das citas electorais coa que nos enfrontamos este ano. O 26 de maio haberá outra elección que nos afecta moi especialmente aos oleirenses. Esperamos seguir contando co  esforzo e entrega da militancia socialista e co respaldo nas urnas do pobo de Oleiros para facer un Oleiros mellor, máis transparente e máis social.
 
Moitas grazas a todas e a todos!