O Grupo Municipal Socialista en Oleiros entende como moi preocupante a política de especulación co chan público do Concello, mostra un proxecto de xestión esgotado e sen ideas que en vez de dar resposta ao problema da demanda de vivenda vai repercutir encarecendo en casi 30.000€ cada unha das 54 vivendas “protexidas” que di impulsar. Propoñemos o cese destas prácticas e que en vez de adicarse a confrontar ca Xunta lle ceda terreos municipais esixindo a construcción de vivenda de protección.
Oleiros, 18 de decembro de 2023. O Grupo Municipal Socialista presenterá no próximo pleno unha moción na que solicitará que o Concello de Oleiros deixe de especular con solo público mentres non sexa capaz de dar resposta ás necesidades de vivenda dos nosos mozos e de veciños con recursos limitados aos que o seu concello de nacemento está a expulsar. Este xeito de proceder especulando con chan público é unha nova mostra dun proxecto esgotado que non favorece aos veciños e veciñas de Oleiros.
Por outra banda cómpre esixirlle á Xunta de Galicia que a través do IGVS lembre a capacidade e competencia que ten para atender á construcción de vivenda de protección pública cousa que non está a facer no noso Concello. Os socialistas propuxemos nas eleccións de maio mudar o modelo de xestión para finalizar co urbanismo excluínte, para que os nosos fillos e fillas, os nosos mozos e mozas poidan seguir vivindo en Oleiros e imos seguir traballando nesa liña constructiva e propositiva.
Nestes días o goberno de Alternativa dos Veciños publicou a licitación do contrato de alleamento de tres parcelas municipais para a construción dun total de 54 vivendas plurifamiliares suxeitas a réxime de vivenda de protección pública, por un importe de 1.421.899,55€, o cal fai que o precio do chan que vai repercutir en cada unha desas 54 vivendas sexa de cerca de 30.000€. O que demanadamos é que igual que se fai noutros concellos, en vez do emprego da política de bronca e confrontación institucional do Alcalde que perxudica neste campo da vivenda como noutros aos veciños aos que di defender, se poña a disposición da Xunta de Galicia terreo para construir vivenda protexida e que sexa esta quen se encargue do proxecto e posterior execución, e que ademáis lle ceda ao Concello un numero de vivendas xa rematadas, polo que a cesión non sería gratuíta senón por mor do interés da veciñanza.
O Concello de Oleiros non pode mirar para outro lado co problema de vivenda que existe e por outra banda non pode seguir liquidando o patrimonio municipal para cadrar os seus orzamentos porque iso e pan para hoxe e fame para mañá.
Saúdos,
Socialistas de Oleiros