“O meu partido renuncia ós réditos políticos a corto prazo para que gañe Oleiros” afirma a portavoz do PSdeG-PSOE de Oleiros, Covadonga Díaz.
Os socialistas cerran un acordo político para apoiar o Plan Xeral de Ordenación Municipal que contén novas propostas: máis vivenda protexida, máis rede e seguridade viaria, menos consumo de solo e menos dispersión poboacional.
Os socialistas antepoñemos o benestar dos cidadáns a calquera estratexia de partido e queremos que o plan garante o crecimento sostible do noso concello.
O novo plan é froito do traballo e do diálogo. Froito do noso compromiso cos oleirenses.
Propoñemos que Oleiros conte co primeiro Plan Xeral de Galicia totalmente adaptado á lei do solo de Galicia e de España, a lei de Medidas Urxentes en Materia de Vivenda e ó Decreto Hábitat.
A portavoz do grupo municipal socialista de Oleiros, Covadonga Díaz, anunciou esta mañá o apoio que o seu grupo prestará ó novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. Un novo plan, matizou Díaz, que recolle todas as propostas que os socialistas presentamos nos últimos meses e que é froito de reunións e negociacións co grupo de goberno.
A portavoz recalcou que o novo documento, que se redactará tecnicamente nos próximos meses, é “froito do diálogo e de noso compromiso cos veciños de Oleiros”. Porque os socialistas traballamos para os veciños.
Facemos, dixo, unha oposición constructiva. Unha oposición responsábel que permite a redacción dun novo plan que atende mellor os intereses públicos.
Cerrados os acordos políticos e o modelo a aprobar, redactarase agora o documento técnico que debe representar fielmente o noso compromiso co pobo de Oleiros. O noso compromiso para que os veciños gañen en calidade de vida, en emprego, en seguridade viaria, en crecemento sostible, en equipamentos sociais, deportivos, educativos e culturais.
Reflexa o compromiso do Grupo Municipal Socialista. Un grupo que pensa máis alá dos intereses de partido, antepoñendo o benestar e a prosperidade dos oleirenses a calquera estratexia de desgaste e derribo do Goberno Municipal. Covadonga Díaz quixo resaltar que “o meu partido renuncia ós réditos políticos a corto prazo para que gañe Oleiros”.
Para o Partido Socialista a aprobación do Plan Xeral no Pleno da Corporación, tan só depende de que o Goberno Municipal cumpra este acordo, e unha vez aprobado polo Pleno será remitido á Consellería de Política Territorial para a súa aprobación definitiva. Tamén é responsabilidade do Goberno Municipal dar cumprimento á Orde 14 de marzo de 2007 para que a Consellería poida dar aprobación definitiva ó Plan de Oleiros.
Durante a rolda de prensa, Covadonga Díaz explicou que no novo ciclo económico de desaceleración que estamos vivindo resulta especialmente conveniente aportar un marco de crecemento ordenado, un marco de seguridade xurídica para que os veciños e propietarios de solo poidan construír a súa vivenda e dispoñan dun espazo con normas claras e transparentes para emprender novas actividades económicas.
Os socialistas queremos garantir, a través das propostas asinadas con Alternativa dos Veciños, un Plan Xeral que mellore Oleiros, pois a través del vaise conquerir:
- Máis seguridade xurídica, xa que o PXOM de Oleiros vai ser o primeiro Plan adaptado ás Normas do Hábitat Galego, á Lei deMedidas Urxentes en Materia de Vivenda, e ás Leis do Solo de Galicia e de España).
- Máis disciplina urbanística, Oleiros será un territorio máis ordenado, completando os núcleos de poboación actuais, completando as mallas urbanas.
- Nova e mellor rede viaria, coas estradas de circunvalación de Mera e Santa Cruz, e o novo acceso ó Porto de Lorbé
- Calidade na construcción das vivendas, o Plan de Oleiros adáptase ás Normas do Habitat Galego, o que supón unha mellora na calidade das vivendas, coa correspondente mellora na calidade de vida dos veciños
- Máis Calidade urbana
- Máis Equipamentos públicos
- Máis Zonas verdes
- Máis Cohesión social, este novo Plan facilitará que os fillos dos oleirenses queden a vivir no seu pobo, e que as familias con menos recursos e as familias traballadoras tamén podan acceder a unha vivenda digna en Oleiros.
- Menor dispersión poboacional xa que se suprimen ás urbanizacións dispersas e desconexionadas dos núcleos urbanos.
- Máis turismo, máis solo para uso hoteleiro en Mera e Santa Cruz, e conservación do que xa hai agora.
- Máis comercio local, ó ampliar núcleos de poboación frente a urbanizacións dispersas
- Maior protección do territorio xa que se ocupa menos solo que o previsto anteriormente e se protexe máis as zonas do noso litoral.
- Menos depredación do territorio, menos consumo de solo, se suprimen un millón de m2 de solo urbanizable, o que supón unhas 1330 vivendas menos.
- Menos dispersión poboacional, o que significa:
Na xornada de hoxe, na que anunciamos o noso apoio o plan de ordenamento toca adiantar tan só as bases do acordo político para aprobar o PXOM, que serán introducidas no documento técnico polo equipo que elabora o Plan.
Tan pronto o documento este elaborado será entregado a tódolos grupos políticos, para que se manifesten en Comisión Informativas e no Pleno, con total transparencia e cos prazos que prevé á Lei.
A portavoz municipal deixou claro durante a súa intervención que houbo numerosas reunións con Alternativa dos Veciños, pero que tamén as houbo con Partido Popular, tanto nas comisións de Seguemento do PXOM como co seu portavoz. E, “sigo esperando a que o Partido Popular propoña a primeira idea. Ata hoxe, despois de un ano xa de lexislatura, houbo por parte do PP cero propostas”, dixo a portavoz do Grupo Municipal Socialista.
Lamentou que o Partido Popular queira deixar a Oleiros sen Plan Xeral durante 4 anos máis. Porque de levarse de novo o documento urbanístico a exposición pública ou con cambios substanciais necesitariamos ademáis someter o novo Documento a Evaluación Ambiental Estratexica. Varios anos máis sen Plan crearía serios problemas a Oleiros e ós oleirenses.