logopsoe
A asemblea, que ratificou a actuación desenvolvida pola anterior Comisión Executiva, elixiu a nova dirección cun respaldo do 85 por cento.

Os militantes do PsdeG-PSOE de Oleiros renovaron os cargos da Comisión Executiva nunha asemblea na que respaldaron por ampla maioría a actuación desenvolvida pola anterior dirección. Neste senso, ratificaron na Secretaría xeral a Luis Vázquez, e a Covadonga Díaz na Vicesecretaría Xeral.
Os militantes do PsdeG-PSOE de Oleiros renovaron os cargos da Comisión Executiva nunha asemblea na que respaldaron por ampla maioría a actuación desenvolvida pola anterior dirección. Neste senso, ratificaron na Secretaría xeral a Luis Vázquez, e a Covadonga Díaz na Vicesecretaría Xeral.
É de destacar que Covadonga Díaz, asume tamén os cargos de Secretaria de Política Municipal e Relacións Institucionais, ademáis de desenvolver a figura de portavoz e representante da Comisión Executiva do PsdeG-PSOE de Oleiros e do Grupo Municipal Socialista desta localidade. Tamén mantén a Francisco Cerviño, parlamentario galego, como Presidente da Agrupación.
A nova Executiva elixida hoxe por o 85 por cento dos votos emitidos e ningún voto en contra, supón unha renovación, xa que incorpora a presenza de novos militantes e, á vez, reúne a militantes experimentados que xa viñan desenvolvendo as súas tarefas na anterior dirección. Isto é consecuencia do continuado incremento no número de afiliados que experimentou a Agrupación Socialista de Oleiros nos últimos anos.
A composición da nova Comisión Executiva é:
Presidente:
Francisco Cerviño
Secretario Xeral:
Luis Vázquez Rodríguez
Vicesecretaria Xeral, Secretaria de Política Municipal e Relacións Institucionais:
Covadonga Díaz Varela
Secretaria de Organización:
Mª Victoria Moscoso
Secretaria de Benestar Social e Igualdade:
Adela Poisa
Secretario de Medio Ambiente e Territorio:
Alejandro Grela
Secretario de Movementos sociais, ONG e Xuventudes:
Diego Chazarreta
Secretaria de Educación e Cultura:
Ana Rey Pérez
Secretario de Deportes:
Ricardo Suárez Alonso
Secretario de Comunicación:
Luis Sánchez Gala
Tesoureira:
Carmen Clares Pena
Vogais
Fernando Pico Eiroa
Fina Mosquera Roel
Antonio Pampín
José Manuel Ricoy Candamio
Manuel Díaz Santiso
Roberto García
Antonio Lagares
José Lorenzo
José Míguez
Manuel Moscoso
Aida Pérez Barredo
Joaquín Rey
José María Rodríguez
Jaime Varela
Os concelleiros Fernando Pico Eiroa, Fina Mosquera Roel e Antonio Pampín, intégranse, deste xeito, como vogais na nova dirección, polo que a totalidade dos concelleiros do PSdeG-PSOE no concello de Oleiros,  están presentes na Executiva.
Tamén, no transcurso da asemblea, elixíuse os dous representantes que lle corresponden á Agrupación Socialista de Oleiros no Comité Nacional de Galicia do PSdeG-PSOE, cargos para os que foron ratificados, co máis do 85 por cento dos votos emitidos e sen votos en contra, Covadonga Díaz Varela e Luis Vázquez Rodríguez. Lembrar que o Comité Nacional de Galicia é o órgano máximo entre congresos do PSdeG-PSOE.
A Comisión Ejecutiva recén elixida púxose á disposición dos cidadanos e cidadanas de Oleiros para darlle canle ás súas inquedanzas e solución aos seus problemas , así como fixo un chamado para a súa participación e á integración, ben sexa como militantes ou simpatizantes,  nas actividades que o PSdeG-PSOE desenvolve en Oleiros.
Learn More