A Agrupación Socialista do PSdeG-PSOE de Oleiros ven de renovar a composición da súa Comisión Executiva nunha asamblea que se desenvolveu este m
ércores, 7 de febrero, na sede socialista de Santa Cruz. A nova executiva está encabezada por Luis Sánchez (“Koldo”) e recibeu o apoio do cen por cento dos votos emitidos polos militantes oleirenses.
A composición da nova dirección é:
Secretario Xeral: Luis Sánchez
Secretario de Organización: Diego Chazarreta
Secretario Política Municipal: Jorge Pérez
Secretaria Administración: Nuria Rodríguez
Secretario Política Asociativa e Veciñal: Luis Romero
Secretaria Acción Electoral: Anna Candal
Secretaria Igualdade e Asuntos Sociais: Sofía Agrafojo
Nesta asamblea, os militantes socialistas de Oleiros aprobaron por aclamación o informe da xestión desenvolvida pola anterior Executiva no seu mandato. A xestión foi presentada pola anterior Secretaria Xeral, Ana Rey, quen agradeceu o apoio recibido de todos os integrantes da Agrupación durante este mandato.
Tamén se elixiron os representantes dos socialistas de Oleiros para o Comité Provincial e para o Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE.
O novo Secretario Xeral, Luis Sánchez, agradeceu a labor desenvolvida en momentos difíciles polas anteriores executivas que encabezaron Luis Vázquez e Ana Rey, e destacou que o obxectivo primordial desta nova dirección será a de fortalecer a acción do PSOE de Oleiros, facerlo máis presente na sociedade e apoiar a labor do grupo municipal socialista e do seu portavoz, Jorge Pérez, que están demostrando que son a única oposición responsable e coherente no Concello de Oleiros.
PSdeG-PSOE de Oleiros
NOTA: O portavoz para este tema é Luis Sánchez, secretario Xeral. Telf: 609 821 466